Os locais Fidel, Xerfa e Ollares da Ría, gañadores do concurso Degusta Tapas

Sanxenxo
21 de xuño 2017

Para o xurado popular, o gañador desta edición foi, nas tres categorías (Tapas tradicionais, creativas e doces), o Restaurante Xerfa con "Xantar do mariñeiro", "O mar nun ourizo" e  "Crema de coco con mango, frutos rojos, crujiente de galleta y sorbete de limón".

Clausura do Sanxenxo Degusta Tapas Concello de Sanxenxo

A Concellería de Turismo e Turismo de Sanxenxo celebraron este martes o acto de clausura da VIII edición Sanxenxo Degusta Tapas 2017.

O xurado profesional estaba formado por Benigno Campos, do programa Larpeiros da Televisión de Galicia, coñecido cociñeiro e autor de numerosas publicacións; Manicha Bermúdez, do restaurante A Taberna de Rotilio e gañadora do Premio Picadillo 2017 do Fórum Gastronómico da Coruña, entre outros galardóns e Alberto Ribas, blogger gastronómico e de viaxes, autor entre outros do blogue maisgrelos.blogspot.com.

Para este xurado, os finalistas e gañadores en cada unha das categorías foron:

TAPAS TRADICIONAIS (Con 4 finalistas por un empate):

  • O Muiño de Occilis con "Papillote de marisco".
  • Restaurante Fidel con "Chow mein con arándanos, almendras y piñones".
  • Restaurante Ollares da Ría con "Chipirones de la abuela".
  • Restaurante Xerfa con "Xantar do mariñeiro".

Nesta categoría o gañador foi Restaurante Fidel con "Chow mein con arándanos, améndoas e piñóns".

 

TAPAS CREATIVAS:

  • O Muiño de Occilis con "Mini hamburguesas de ciervo al estilo Occilis".
  • Restaurante Ollares da Ría con "Micuit de rape con manzana y cebolla".
  • Restaurante Xerfa con "O mar nun ourizo".

Nesta categoría o gañador foi Restaurante Xerfa con "O mar nun ourizo".
 

TAPAS DOCES:

  • Restaurante Fidel con "Mousse de mango".
  • Restaurante Ollares da Ría con "Croquetas de licor gallego".
  • Restaurante Xerfa con "Crema de coco con mango, frutos rojos, crujiente de galleta y sorbete de limón".

Nesta categoría o gañador foi Restaurante Ollares da Ría con "Croquetas de licor galego".

 

Para o xurado popular, o gañador desta edición foi, nas tres categorías (Tapas tradicionais, creativas e doces), o Restaurante Xerfa con "Xantar do mariñeiro", "O mar nun ourizo" e  "Crema de coco con mango, frutos rojos, crujiente de galleta y sorbete de limón".