Os marchosos máis solidarios: de Pontevedra a Santiago en menos de 12 horas para "salvar vidas"

Pontevedra
24 de abril 2022

Menos de 12 horas tardaron os primeiros participantes na Pontevedrada 2022 en chegar a Santiago. Partiron da avenida de Montero Ríos de Pontevedra ás 20.00 horas deste sábado e ben cedo o domingo, ás 7.30 horas, chegaron á Praza do Obradoiro

Saída da da Pontevedrada 2022
Saída da da Pontevedrada 2022 /

Menos de 12 horas tardaron os primeiros participantes na Pontevedrada 2022 en chegar a Santiago. Partiron da avenida de Montero Ríos de Pontevedra ás 20.00 horas deste sábado e ben cedo o domingo, ás 7.30 horas, chegaron á Praza do Obradoiro

No medio, 67 quilómetros do Camiño de Santiago percorridos coa mellor das intencións, "salvar vidas". E é que a  Pontevedrada chegou este 2022 á súa 12 edición mantendo intacto o espírito co que naceu, concienciar á sociedade sobre a importancia da doazón altruísta de sangue, órganos e tecidos como unha forma de salvar vidas. 

Cada edición da  Pontevedrada regala vida e este ano fíxoo grazas á participación de máis de 1.200  marchosos solidarios

Este percorrido solidario foi, como é habitual, nocturno e ininterrompido a pé e desde a Asociación de Amigos da  Pontevedrada (Asampo) o seu presidente, Francisco Pérez-Mirás  Miguéns, constatou que a noite transcorreu sen incidentes

Esa conciencia que busca espertar a Pontevedrada empezou co acto previo á saída na Alameda de Pontevedra, no que se puideron escoitar testemuños de doantes e receptores agradecendo a quen, coa súa xenerosidade e solidariedade, regalaron e regalan Vida.

A  Pontevedrada non é unha carreira e non ten carácter competitivo e durante todo o percorrido as persoas participantes contaron con apoio permanente de voluntarios de  Asampo.