Os mellores espectáculos de animación pola rúa, nunha nova edición do festival Itineranta

Pontevedra
23 de xullo 2015

A diversión e a emoción regresan ás rúas de Pontevedra cunha nova edición do festival Itineranta, una iniciativa única en España. Nove compañías especializadas en animación pola rúa encherán de espectáculo o centro histórico na sexta edición de este certame

Presentación da VI edición do Festival Itineranta
Presentación da VI edición do Festival Itineranta / Cristina Saiz

A diversión e a emoción regresan ás rúas de Pontevedra cunha nova edición do festival Itineranta, una iniciativa única en España. Nove compañías especializadas en animación pola rúa encherán de espectáculo o centro histórico na sexta edición de este certame.

Será os días 4, 5 e 6 de agosto. Nesta ocasión a organización fixo unha selección das mellores compañías do Estado que amosarán polas rúas espectaculares propostas das artes escénicas con zancos, malabares, teatro, cabaré, batukada, performance, música en directo, lume ou pirotecnia.

Como nas últimas edicións, Itineranta terá tres rutas polas que amosará os seus espectáculos por todas as rúas e prazas do centro histórico.

A ruta A vai por Méndez Núñez, a Leña e a Peregrina, a ruta B vai polo Teucro, as Cinco Rúas, Méndez Núñez e Curros Enríquez e a ruta C vai dende a praza de España, por Peregrina e Curros Enríquez.

As nove compañías que participarán este ano son K de calle (Zaragoza), Troula Animación (Vigo), Kull d´Sac (Valladolid), Olodum do Coio (Pontevedra), Efimer (Lleida), Tutatis (Barcelona), Pablo Méndez Performances (Pontevedra), Kanbahiota Trup (Albacete) e Turutukupa (Vitoria).