Os petróglifos de Mogor contan, desde esta semana, con nova sinalización.
Segundo informou o Concello de Marín, a actuación consistiu na colocación de pictogramas e da renovación dos vinilos informativos antigos.
A intención do goberno municipal é evitar que os petróglifos sexan pisados polos visitantes por descoñecemento do dano que se pode ocasionar aos gravados.
Tendo en conta que durante a época estival a zona de Mogor é un reclamo de visitas, o Centro de Interpretación tamén estará aberto para atender as persoas que queiran achegarse a contemplalos.