Os pontevedreses, unidos pola súa paixón pola cervexa artesá

Pontevedra
08 de outubro 2017

Un ano máis, Pontus Lupulus é todo un éxito. Centos de persoas achegáronse nos últimos días á praza de España para degustar algunha das cervexas artesás que unha ducia de fabricantes de toda Galicia puxeron a disposición do público pontevedrés

Pontus Lupulus 2017
Pontus Lupulus 2017 / Diego Torrado

Un ano máis, Pontus Lupulus é todo un éxito. Centos de persoas achegáronse nos últimos días á praza de España para degustar algunha das cervexas artesás que unha ducia de fabricantes de toda Galicia puxeron a disposición do público pontevedrés.

A terceira edición deste evento, co que se inicia o outono gastronómico na cidade de Pontevedra, volveu a reunir aos amantes deste tipo de cervexa, que puideron degustar as novas propostas que ofrece o mercado artesanal desta bebida.

Os prezos son populares e pódense degustar estas cervexas, en barril ou botella, a partir de dous euros.

Ademais, os asistentes teñen á súa disposición unha ampla oferta gastronómica e numerosas actividades paralelas.

A música ten un protagonismo especial. Durante os tres días da feira, que finaliza este domingo, subíronse ao escenario bandas como Oh Ayatollah, Flip Corale y los Macabros, The Trunks, Gold + Colt, Hillbilly Guly + Aligator turi e Igloo.