Os populares de Poio convocan un acto para reclamar ao Tripartito "os 420.000 euros dos veciños de Campelo"

Poio
01 de agosto 2021

O Partido Popular de Poio, encabezado polo voceiro, Ángel Moldes, convocou un acto público para o próximo domingo 8 de agosto para esixir ao Tripartito "que non se quede con 420.00 euros dos veciños de Campelo". Está preparado para as 11:00 horas na Praza da Granxa, cun número limitado de participantes, no que mostrarán "o malestar dos veciños"

Ángel Moldes, portavoz do PP de Poio
Ángel Moldes, portavoz do PP de Poio / PP de Poio

O Partido Popular de Poio, encabezado polo voceiro, Ángel Moldes, convocou un acto público para o próximo domingo 8 de agosto para esixir ao goberno tripartito que non se quede "con 420.00 euros dos veciños de Campelo".

A convocatoria está preparada para as 11:00 horas na Praza da Granxa, cun número limitado de participantes, no que mostrarán "o malestar dos veciños". Segundo Moldes, "a veciñanza e os empresarios da zona quéixanse diariamente de que o feito de non ter aparcamento tradúcese en sancións por parte da policía local ou en perda de clientes para comercios e negocios".

Tamén recorda que, os 420.000 euros, orixinalmente estaban destinados á mobilidade peonil na EP-601 en Campelo pero os veciños teñen un grave problema de aparcamento.

Desta forma, o Partido Popular quere que o goberno local solucione este problema e que dé prioridade "a arreglar a falta de estacionamiento e aprobar as actuacións de xeito urxente en canto cheguen os cartos europeos por medio do Plan Concellos da Deputación".