Os rapaces de Ponte Sampaio saen a recoller cogomelos

Pontevedra
13 de novembro 2018

Este martes o alumnado de 6º de Educación Infantil e 1º de Educación Primaria do CEIP de Ponte Sampaio participaron nun obradoiro de micoloxía

O alumnado do CEIP de Ponte Sampaio sae recoller cogomelos
O alumnado do CEIP de Ponte Sampaio sae recoller cogomelos / CEIP Ponte Sampaio

Este martes o alumnado de 6º de Educación Infantil e 1º de Educación Primaria do CEIP de Ponte Sampaio participaron nun obradoiro de micoloxía.

Esta xornada buscaba promover o uso da lingua galega entre os escolares con actividades micolóxicas iniciando ao alumnado no coñecemento dos cogomelos habituais na súa contorna e dinamizando o uso da lingua tanto na oralidade como na escrita, asociándoa a actividades lúdicas e formativas, de interese para a infancia.

A xornada incluíu unha charla de introductoria, unha saída ao campo guiada para recoller cogomelos, unha sesión para identificar aqueles que foron recollidos e a montaxe dunha exposición no colexio, xa que atoparon unha gran variedade deles.

O obradoiro foi impartido pola Asociación Micolóxica Brincabois coa colaboración do servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra.