A concellería de medio ambiente organiza na Casa Forestal As Canteiras unha nova edición das xornadas micolóxicas de Sanxenxo.
Con esta iniciativa preténdese achegar e dar a coñecer o mundo dos fungos e os cogomelos a todos os asistentes, centrándose en aspectos como o seu ciclo biolóxico, a súa estrutura e funcións, o manual de boas prácticas ambientais para os afeccionados nas súas saídas ao campo, a prevención de intoxicacións, e a aprendizaxe do cultivo de cogomelos.
As xornadas empezarán o mércores 21 cunha conferencia de introdución á micoloxía, a cargo de Carlos Álvarez Puga, presidente da Agrupación Micolóxica A Cantarela de Vilagarcía.
Outra conferencia terá lugar o xoves día 22 con Ramón Carlos Encisa Fraga, vicepresidente da Cantarela, que dará unha charla que leva por título: "Cogomelos comparados, comestibles e velenosos".
Para o venres 23, ás 20.00 horas, está programado un showcooking de por Rubén García Castrelo, cociñeiro e membro da Cantarela.
As xornadas terminarán o sábado 24, ás 9.00 horas, cunha saída ao campo para a identificación de todo o aprendido.
Para asistir, é necesario inscribirse previamente nas oficinas desta concellería, en Vilalonga, ou a través do correo electrónico [email protected]. A participación é totalmente gratuíta.