Os sindicatos do Concello plantan a Jacobo Moreira

Pontevedra
10 de xullo 2014

Os responsables sindicais decidiron non asistir á reunión que tiñan prevista na sede do PP local, ante as declaracións de Jacobo Moreira anunciando que non van mediar para evitar que non se execute a sentenza das paga extra. O portavoz do grupo municipal do PP entende que "se han dado cuenta de que o culpable é o Alcalde"

Representantes sindicais do Concello de Pontevedra
Representantes sindicais do Concello de Pontevedra / PontevedraViva
Jacobo Moreira indica que o alcalde de Pontevedra debe pedir desculpas /

As declaracións efectuadas por Jacobo Moreira, xefe do grupo municipal do PP, rexeitando a posibilidade de mediar para evitar que se execute a sentenza das paga extra que obriga a devolver o plus de produtividade aos funcionarios municipais, provocou que os representantes sindicais decidisen esta xoves 10 plantar o líder da oposición local e, media hora antes, suspender a reunión que tiñan prevista para analizar a situación na que se encontran tras coñecer o fallo xudicial.

Antonio Millares, voceiro dos representantes sindicais, manifestaba a PontevedraViva que "como la mayoría ve que Jacobo Moreria había manifestado que 'no hay nada que hacer', no tiene sentido mantener la reunión". Sinalan as forzas sindicais, CC.OO., UGT, CIG e CSIF, que non queren avivar o debate político sobre este tema.

Pola súa banda, o voceiro do PP mostraba a súa sorpresa ante esta inesperada suspensión tras solicitar os propios representantes sindicais este encontro. Jacobo Moreira apuntaba que el non pode solicitar ao Estado que non cumpra unha sentenza e mantiña que el non presentou ningunha denuncia e que as Subdelegacións e Delegacións do Goberno teñen a obriga de fiscalizar os acordos que se adoptan nos plenos e, neste caso, "luego, salió el alcalde diciendo que era insumiso".

Ante este esta situación, Moreira entende que os sindicatos consideran que é Miguel Anxo Fernández Lores quen debe dar explicacións: "quien tiene que hacerlo es el Alcalde de Pontevedra, debe pedir disculpas a los funcionarios y pedirme disculpas a mí por acusarme de ser instigador y el denunciante de esto y , si quiere, pedirle él al Gobierno que no ejecute la sentencia".

Ademais sinalou que cada vez que o Goberno local vai ao xulgado as cousas lle saen mal: "Y lo siento por Vicente García Legísima (concejal de Relaciones Laborales), que es un abogado, porque jurídicamente no da una. Llevamos una cascada de pleitos que ya no son de materia económica sino que también afectan a los funcionarios". Neste sentido, lamentaba que o alcalde tivese presumido de ser insubmiso xusto nun período preelectoral e que agora non se responsabilice.

O Partido Popular municipal publicou a sentenza na súa web coa intención de que os funcionarios coñezan todos os detalles do fallo xudicial. E Moreira mantén que a porta do seu despacho continúa aberta aos sindicatos.