Os socialistas demandan unhas festas inclusivas

Pontevedra
16 de xullo 2024

A proposición foi rexistrada este martes e presentada en rolda de prensa polo portavoz socialista Iván Puentes e o concelleiro Marcos Rey

Iván Puentes e Marcos Rey
Iván Puentes e Marcos Rey / PSOE de Pontevedra

O grupo municipal do PSOE levará ao vindeiro Pleno unha moción na que lle esixe ao Concello de Pontevedra a adopción de medidas que garantan a participación das persoas con discapacidade nas cabalgatas, actividades de Nadal, Entroido e todos aqueles eventos que se se desenvolven ao longo do ano no municipio.

A proposición foi rexistrada este martes e presentada en rolda de prensa polo portavoz socialista Iván Puentes e o concelleiro Marcos Rey.

O PSOE solicítalle ao goberno local que estableza un acceso preferente para persoas con discapacidade física ou intelectual nas diferentes atraccións e actividades; que determine dúas horas diarias sen música e con luces fixas nas atraccións para o seu uso por parte de nenos con trastornos do espectro autista (TEA) e outros tipos de discapacidade.

Tamén pide un sistema técnico que permita que tódalas atraccións teñan a mesma música ambiente ao mesmo tempo; e un servizo de intérprete de lingua de signos na lectura dos pregóns, entre outras medidas.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora