Os socialistas "non queren responsabilidades pero sí explicacións" de Rafael Louzán ante o pleno da Deputación pola súa imputación

Pontevedra
26 de marzo 2015

Santos Héctor destaca a negativa do presidente provincial de non declarar ante o xuíz e o fiscal. Pola súa banda, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, cinguiu ao ámbito "persoal" a investigación a Rafael Louzán

Os deputados do PSOE Santos Héctor e Isaura Abelairas Mónica Patxot

O grupo provincial do PSdeG-PSOE rexistrou este xoves unha petición urxente para celebrar un pleno extraordinario para que o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, "de explicacións sobre a súa imputación por cohecho tras a súa actitude de onte ante o xuiz e o fiscal".

O voceiro socialista na Deputación Santos Héctor considerou "gravísimo" que o xuíz manteña a imputación de Rafael Louzán e do deputado do Partido Popular, Severino Reguera, e criticou a súa actitude nos xulgados de Cambados "onde ambos negáronse a declarar a pesares das súas declaracións onde falaban de colaboración coa Xustiza".

Santos Héctor sinalou que "non estamos a pedir responsabilidades pero si queremos que Louzán de explicacións xa que a Deputación pode estar implicada como manifestou o fiscal".

Santos Héctor espera que Rafael Louzán convoque o pleno o máis urxente posible xa que a súa imputación por cohecho "é un clamor en toda Galicia".

PARA FEIJÿO, ÿ UN ASUNTO "PERSOAL"

Pola súa banda, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, cinguiu ao ámbito "persoal" a investigación a Rafael Louzán, se ben advertiu de que "este candidato ou presidente da Deputación ou calquera outro presidente ou candidato futuro terá que responder cando a Xustiza lle demande "calquera información".

Ante a pregunta directa de se Louzán queda invalidado para repetir como candidato do PP á Deputación provincial, Feijóo evitou responder e reiterou que "os asuntos persoais teñen que ter unha resposta no ámbito persoal".