Os socorristas de Marín atenderon máis de 1440 incidencias nas praias durante o verán

Marín
25 de setembro 2020

Destacaron as picaduras de fanecas, as de avespas, pequenas feridas e os avisos de cans, que non poden estar no areal durante a época estival. Tamén foron habituais os avisos a embarcacións, a pescadores e as escordaduras, así como alguna lipotimia ou golpe de calor

Socorristas de Marín
Socorristas de Marín / Concello de Marín

A temporada estival finalizou, e con ela os servizos de salvamento e socorrismo nas praias de Marín, que comezou no mes de xullo e rematou a mediados do mes de setembro.

As altas temperaturas e o bo tempo rexistrado durante os meses de xullo, agosto e setembro, animaron aos bañistas a desfrutar dos areais da vila, obrigando, en moitas ocasións, a que os socorristas atenderan diversass incidencias. En Marín realizáronse un total de 1.444 intervencións sendo a praia de Aguete a que máis incidencias rexistrou (458), seguida de Mogor (365), Portocelo (242), Loira (217) e O Santo (162).

O horario no que o servizo estivo activo foi de 12.00 a 20.00 horas nestes areais, que segundo extrae o Concello do informe da tempada "son especialmente tranquilas pola ubicación e características".

No que respecta á atención, destacan as picaduras de fanecas, as de avespas, pequenas feridas e os avisos de cans, que non poden estar no areal durante a época estival. Tamén foron habituais os avisos a embarcacións, a pescadores e as escordaduras, así como alguna lipotimia ou golpe de calor.