Os soldados da Brilat dan 50 avisos no seu primeiro mes de operación contra os incendios

Pontevedra
25 de agosto 2014

A Brilat realiza o balance da operación 'Centinela Gallego' cando chega ao seu ecuador e, como dato, achegan que durante este primeiro mes as patrullas que realizan os soldados durante as 24 horas do día lle levaron xa a percorrer case 200.000 quilómetros. Dende o 15 de xullo participaron, por quendas, máis de 250 militares

Soldados da Brilat durante a operación 'Centinela Gallego' 2014
Soldados da Brilat durante a operación 'Centinela Gallego' 2014 /

A operación 'Centinela Gallego' de prevención de incendios forestais e disuasión da actividade incendiaria permitiu xa dar máis de medio centenar de avisos de lumes ou conatos no seu primeiro mes de actividade deste verán. Os militares da Brigada de Infantaría Lixeira Galicia VII de Pontevedra e do Tercio Norte de Infantería de Marina de Ferrol están despregados nos montes galegos dende o 15 de xullo.

A Brilat realiza o balance da operación cando chega ao seu ecuador e, como dato, achegan que durante este primeiro mes as patrullas que realizan os soldados durante as 24 horas do día lle levaron xa a percorrer case 200.000 quilómetros.

Dende o 15 de xullo participaron, por quendas, máis de 250 militares na operación. Os soldados de unidades da Brilat encárganse das provincias de Pontevedra e Ourense, mentres que os efectivos do Tercio Norte de Infantería de Marina teñen encomendada a vixilancia do montes coruñeses.

A Brigada do Exército de Terra fai un balance "positivo" da operación porque a alerta temperá facilitada polas patrullas "contribuíu á rápida actuación dos servizos de extinción da Xunta". Así mesmo, aseguran que a percepción cidadá e o seu apoio sobre as patrullas tamén é boa.

Ao respecto, indican que as tarefas de vixilancia e disuasión que realizan en colaboración coas autoridades civís, as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, e os servizos de extinción da Xunta "contribuíron á prevención de incendios" forestais.