Os temporais deixáronte sen luz? Así podes reclamar

Pontevedra
12 de febreiro 2017

Unión Fenosa Distribución habilitou o teléfono 900 111 035 e o correo electrónico temporalgalicia@gasnaturalfenosa.com para atender aos afectados e canalizar as reclamacións. Ademais, os usuarios poden acudir a calquera oficina de atención ao cliente  

Segunda noite de incidencias causadas polo temporal Diego Torrado

Se durante os temporais das últimas semanas te converteches nun dos miles de afectados polos problemas na subministración eléctrica, estás a tempo de reclamar. Unión Fenosa Distribución, distribuidora eléctrica de Gas Natural Fenosa en Galicia, abriu canles específicas para atender aos clientes prexudicados. 

Dada a intensidade dos temporais e o número de afectados, habilitou o teléfono 900 111 035 e o correo electrónico temporalgalicia@gasnaturalfenosa.com para atender aos afectados e canalizar as reclamacións. Ademais, os usuarios poden acudir a calquera oficina de atención ao cliente da compañía. Nos últimos días, o teléfono de atención ao cliente xa canalizou máis dun milleiro de reclamacións, de mdo que reforzaron o equipo. 

A dureza dos temporais e as súas consecuencias levou a que entre os días 1 e 6 de febreiro a compañía contabilizase máis de 900 incidencias en Galicia, que deixaron picos de ata 180.000 clientes afectados de maneira simultánea, a maioría pola caída de árbores e ramas sobre os tendidos eléctricos, que xeraron interrupcións da subministración.  

Hai xa case unha semana que quedaron resoltas todas as incidencias en media tensión, desde o pasado luns, pero a empresa segue traballando na reparación definitiva dos danos provocados polos temporais e mantén reténs para solucionar posibles problemas puntuais.