Os traballadores de Tafisa rexeitan o plan de recolocación que propón a empresa

Pontevedra
29 de maio 2014

O presidente do comité de empresa, José Manuel Moledo, indica que o Grupo Sonae presenta o plan porque está obrigado e asegura que non funcionou noutras fábricas do grupo

Xuntanza do comité de empresa de Tafisa co secretario provincial do PSOE, Santos Héctor
Xuntanza do comité de empresa de Tafisa co secretario provincial do PSOE, Santos Héctor / PontevedraViva

O comité de empresa de Tafisa rexeita o plan social, que a dirección lles presentou na primeira reunión negociadora para recolocar algúns traballadores noutras fábricas da empresa e outros ofrecerlles formación para o autoemprego.

O presidente do comité de empresa, José Manuel Moledo, recoñece que a empresa "quíxonos vender un plan de recolocación que nunha fábrica de Solsona, según eles, tivo un éxito tremendo", pero os representantes dos traballadores afirman que falaron cos ex empregados desas factorías "e nos din que se senten engañadísimos porque non recolocaron a ninguén". Moledo asegura que as recolocacións son practicamente nulas e que o plan proposto consiste en que unha empresa de recolocación externa, Moa BPIGooup, ensine aos traballadores a elaborar cartas de presentación, currículos e a ofrecer información sobre como converterse en autónomo.

Por este motivo, os traballadores van continuar reclamando apoios nas institucións. Este mediodía reuníronse co secretario provincial doPSOE, Santos Héctor. E mañá, venres 30, asistirán ao pleno da Deputación no que se debaterá o peche da fábrica de taboleiros de Ponte Caldelas. Polo momento, continúan sen ter noticias sobre a reunión que solicitaron co conselleiro de Industria ou co presidente da Xunta de Galicia. "Mañá agardamos que no pleno da Deputación poidamos obter unha resposta", apuntou Moledo.