Os traballos de asfaltado na rúa Estación afectarán ao tráfico

Pontevedra
25 de maio 2015

Ao longo do tempo que duren as obras, garantirase o paso dende Avenida de Vigo e Fernández Ladreda cara a Estación  e prohíbese o acceso dende Estación cara a Fernández Ladreda e Avenida de Vigo. Este tráfico terá entrada a cidade a través de Eduardo Pondal

Traballos de asfaltado
Traballos de asfaltado

O próximo mércores 27 de maio comezan as obras de fresado e  asfaltado na rúa Estación que se prolongarán dende as 09:15 horas do mércores ata as 20:00 horas do xoves 28 de maio.

Co fin de garantir a máxima mobilidade na zona, a Policía Local de Pontevedra pon en marcha un operativo especial de tráfico.

Como primeira medida a Xefatura Local obrigou á empresa que comece as obras a partir das 09:15 horas, co fin de que o tráfico da primeira hora da mañá, especialmente á entrada aos colexios, non se vexan afectados polo corte da circulación.

Ao longo do tempo que duren as obras, garantirase o paso dende Avenida de Vigo e Fernández Ladreda cara a Estación  e prohíbese o acceso dende Estación cara a Fernández Ladreda e Avenida de Vigo. Este tráfico terá entrada a cidade a través de Eduardo Pondal.