Os veciños de Noalla coñecen o proxecto previsto para o Pazo de Quintáns

Sanxenxo
12 de febreiro 2016

Unha exposición cunha proxección dun audiovisual puxeron de manifesto a importancia histórica do Pazo de Quintáns como espazo de relevancia turística

Presentación do Plan Director aos veciños de Noalla Concello de Sanxenxo

Os veciños de Noalla en Sanxenxo coñeceron este xoves 11 ás liñas básicas de actuación tanto para a restauración do Pazo de Quintáns a través dunha exposición que se presentou na Casa das Canteiras de Noalla.

O arquitecto Mario Crecente é o encargado de tramitar que este edificio sexa declarado Ben de Interese Cultural (BIC) coa intención de acceder ao 1,5% do orzamento do Ministerio de Fomento para rehabiltación de patrimonio e o encargado de explicar este proxecto aos veciños. O goberno local quere acadar eses fondos para acometer a primeira fase da recuperación do pazo.

Por este motivo, desenvólvese unha exposición cunha proxección dun audiovisual para poñer en marcha a importancia histórica dun pazo que, segundo o goberno local, ten que recuperar o seu esplendor e converterse nun punto de atracción turística. A investigación histórica, orientada cara á localización de información sobre a liñaxe propietaria do pazo na maior parte da súa historia relacionada cos Padín.

A exposición tamén mostra detalles sobre o gran hórreo con celeiro, que sería construído xa na primeira metade do século XX, o peche con fortes muros do xardín e a zona principal de horta.

Tamén se fai un repaso ás pezas de mobiliario do interior da casa, cun moble de recibidor; un cabeceiro e estrutura de cama de madeira tallada e os ferrallos historicistas da porta central da terraza, entre outras pezas.