Os veciños de Vilalonga queren un centro de maiores, a conexión co polígono de Nantes e a humanización da rúa principal

Sanxenxo
21 de febreiro 2022

A asemblea veciñal convocada pola Comisión para o Desenvolvemento Socioeconómico de Vilalonga ( Codesevi) reuniu a máis de 400 persoas que abordaron, no campo de fútbol de San Pedro, unha serie de propostas para revitalizar a súa parroquia ante o declive social e económico que sofre nos últimos anos

Vilalonga
Vilalonga

A asemblea veciñal convocada pola Comisión para o Desenvolvemento Socioeconómico de Vilalonga (Codesevi) reuniu a máis de 400 persoas que abordaron, no campo de fútbol de San Pedro, unha serie de propostas para revitalizar a súa parroquia ante o declive social e económico que sofre nos últimos anos.

Desta asemblea saíron tres propostas principais, a primeira é a humanización da avenida  do Vilar, que atravesa Vilalonga desde a igrexa, un tramo de medio quilómetro da estrada autonómica PO-550.  Con beirarrúas grandes que conviden o paseo e a facer compras. Tamén queren que xunto á reforma da praza se dote de prazas de aparcamento. 

En segundo lugar, reclaman a conexión co polígono empresarial de Nantes. 

E, finalmente, queren que Vilalonga teña un centro de maiores.