Os viños de Ribeiras do Morrazo exhiben a súa calidade en Marín

Marín
09 de xullo 2022

Cinco adegas da indicación xeográfica protexida Ribeiras do Morrazo están a exhibir os seus viños nunha festa que, desde este venres e ata o domingo, se pode visitar na Alameda de Marín

Festa dos Viños da IXP Ribeiras do Morrazo, en Marín
Festa dos Viños da IXP Ribeiras do Morrazo, en Marín / Concello de Marín

Cinco adegas da indicación xeográfica protexida Ribeiras do Morrazo están a exhibir os seus viños nunha festa que, desde este venres e ata o domingo, se pode visitar na Alameda de Marín.

Adega de Ardán, Os Areeiros, Videiras no Mar, Viñas del Monasterio e Reboraina son as bodegas que teñen unha caseta na festa e que forman parte da asociación montada ao redor da etiqueta.

Ademais dos caldos de cada unha destas adegas, os asistentes poden degustar polbo á feira ou xamón ao corte, entre outras propostas gastronómicas.

As copas de viño teñen prezos populares.

Esta é a primeira edición da Festa dos Viños da IXP Ribeiras do Morrazo, pero os seus organizadores avanzan que nace con vocaciñón de continuidade.

A intención é que a festa poida ir rotando nos distintos concellos nos que se asentan as bodegas da IXP, que son Bueu, Cangas, Marín, Moaña, Pontevedra, Poio, Redondela e Vilaboa.