Os voluntarios do Banco de Alimentos toman os supermercados pontevedreses coa súa Gran Recollida 2021

Pontevedra
20 de novembro 2021

Máis de 200 voluntarios participan na Gran Recollida de Alimentos 2021 que a Fundación Provincial Banco de Alimentos leva a cabo estes días en supermercados de Pontevedra, Marín, Lalín, Sanxenxo, Vilagarcía, Soutomaior e Caldas de Reis

Gran Recollida 2021 da Fundación Banco de Alimentos
Gran Recollida 2021 da Fundación Banco de Alimentos / Cristina Saiz

Segue sendo unha recollida de alimentos atípica, pero o seu éxito é fundamental para axudar a un importante número de familias e asociacións ao longo do ano.

A Fundación Provincial Banco de Alimentos protagoniza estes días a súa Gran Recollida 2021.

Debido á pandemia esta acción non supón a recollida de alimentos físicos, pero igualmente ata 200 voluntarios presentáronse este venres e sábado en supermercados de Pontevedra, Marín, Lalín, Sanxenxo, Vilagarcía, Soutomaior e Caldas de Reis.

O seu obxectivo é trasladar aos clientes destes establecementos os mecanismos de doazón da campaña, que conta con tres vías posibles de colaboración: achegas económicas nas caixas dos supermercados, adquirindo cestas solidarias ou cunha transferencia ou Bizum seguindo as indicacións que se atopan reflectidas en www.bancoalimentosvigo.org.