O edificio xudicial da Parda acolleu este xoves dous xuízos polas multas covid do primeiro estado de alarma,.
O letrado da Administración do Estado recoñeceu que tras a sentenza do Tribunal Constitucional esas multas son nulas.
Pero o certo é que a Subdelegación do Goberno non está a proceder a revogalas de oficio, obrigando aos cidadáns para ir a xuízo e recibindo a consecuente condena en costas.
Nun dos xuízos celebrados este xoves no Xulgado do Contencioso número 1, un cidadán foi multado con 601 euros por unha suposta desobediencia á autoridade cando se dirixía a unha ferraxería co seu vehículo o día 8 de abril na zona do polígono industrial de Bueu, un servizo que non estaba contemplado como esencial naquel momento. Pagou a metade da multa acolléndose á redución.
SEGUNDO ESTADO DE ALARMA
Por outra banda, parece ser que en breve o Tribunal Constitucional pronunciarase sobre o segundo estado de alarma. Esa sentenza, de ser estimatoria, podería afectar as multas Covid impostas polos concellos ou pola Xunta no segundo semestre de 2020 e principios 2021.
As multas desde marzo 2021 en cambio teñen maior soporte legal, porque poderían ampararse na normativa sobre pandemias introducida polo Parlamento galego na Lei de Saúde de Galicia por Lei 8/2021, do 25 de febreiro.