Óscar Alonso, novo xerente do grupo hospitalario Miguel Domínguez

Pontevedra
19 de xaneiro 2016

Tres meses despois de pechar a compra do Hospital Domínguez, o grupo Quirónsalud nomeou ao novo xerente do centro hospitalario pontevedrés. Trátase de Óscar Alonso, un directivo con ampla experiencia dentro desta compañía

Urxencias do Hospital Miguel Domínguez Mónica Patxot

Tres meses despois de pechar a compra do Hospital Domínguez, o grupo Quirónsalud nomeou ao novo xerente do centro hospitalario pontevedrés. Trátase de Óscar Alonso, un directivo con ampla experiencia dentro desta compañía.

Licenciado en Ciencias Económicas pola rama de Auditoría na Universidade de León, Óscar Alonso é á súa vez diplomado en Estudos Empresariais pola rama de comercio.

Desempeñou varios postos directivos no grupo hospitalario Quirónsalud, como xerente e director financeiro de diferentes centros, como a Clínica Esperanza de Vitoria, o Hospital Quirónsalud Bizkaia, o Hospital Quirónsalud Donostia e a Policlínica Gipuzkoa, ambos en San Sebastián. O seu último posto dentro da compañía foi o de director financeiro territorial para Galicia e País Vasco.

El será, a partir de agora, o máximo responsable do grupo hospitalario Miguel Domínguez, formado polo Hospital Miguel Domínguez, o Policlínico Miguel Domínguez, o Centro de Dano Cerebral e Neurociencias e o Centro de Rehabilitación e Fisioterapia.

Estará á fronte da xestión duns centros que teñen 300 profesionais, 200 camas e conta cunha superficie de 14.000 metros cadrados.