A concelleira responsable de Montes, María José Abilleira, presentou este martes o programa "O monte é teu", unha iniciativa que busca achegar a cidadanía aos parques forestais de Pontevedra a través de 20 actividades lúdicas e educativas.
O Concello aposta por estes espazos naturais como punto de encontro e coñecemento da biodiversidade local para persoas de todas as idades.
O programa, que se desenvolverá nas fins de semana desde este venres 23 de maio ata o sábado 21 de xuño, ofrece un total de 450 prazas repartidas en actividades que se desenvolverán nos tres parques forestais de Pontevedra: A Fracha, O Pontillón do Castro e A Tomba.
Abilleira salientou o gran interese amosado pola cidadanía en anos anteriores, o que impulsa esta nova edición co obxectivo de que "coñezan os recunchos" dos montes.
A programación inclúe unha diversidade de propostas deseñadas para gozar en familia e para todas as idades, sempre cun enfoque creativo e de coñecemento. Entre as actividades máis destacadas, repiten algunhas xa consolidadas como a observación astronómica e os xogos tradicionais.
Así mesmo, haberá oportunidades para o coñecemento da biodiversidade con obradoiros como "Cómete o monte", onde se explorarán plantas de uso cotián, e "Aves e caixas niño".
Tamén se porán en marcha actividades máis activas e en contacto coa natureza, como o kaiak e o paddle surf no Pontillón do Castro, ou o "Baño de Bosque" na Tomba.
Ata 20 actividades como "O Bestiario máxico" (nocturna), "Lugares máxicos", "Ludonatura", "Buscando o norte", "A música da Natureza", "Obradoiro Petróglifos", "Ioga en Familia", "A procura do tesouro", "Descobre os parques forestais", "Ventá silvestre", "Personaxes de Conto", "Rastros e pegadas", "Naturalismo" e "Os xoguetes de sempre" completan a extensa oferta.
A concelleira fixo fincapé na importancia de realizar as inscricións canto antes, xa que as prazas son limitadas e se cubrirán por rigorosa orde de chegada.
O proceso de inscrición ábrese o luns previo a cada unha das actividades e pode realizarse a través da plataforma habilitada: apuntate.pontevedra.gal/actividades-o-monte-e-teu.
Cada persoa poderá solicitar un máximo de catro prazas. A media de prazas por actividade é de 25 persoas.
Abilleira expresou o orgullo que supón este programa polo rural, pola terra e polas tradicións, así como pola xente que vive e coida do monte durante todo o ano.
Neste sentido, agradeceu o labor das comunidades de montes de Marcón, Tomeza, Campañó, Canicouva e Verducido, fundamentais para a conservación e goce destes espazos naturais.

PROGRAMA:
Maio
-
23 de maio
O Bestiario Máxico
Lugar: A Fracha
Horario: Actividade nocturna, de 21:00 a 22:30 -
24 de maio
Lugares Máxicos
Lugar: A Fracha
Horario: De 11:30 a 13:00Ludonatura
Lugar: O Pontillón do Castro
Horario: De 10:30 a 12:30 -
25 de maio
Buscando o Norte
Lugar: A Tomba
Horario: De 10:00 a 13:00A Música da Natureza
Lugar: O Pontillón do Castro
Horario: De 17:00 a 19:00 -
30 de maio
Observación Astronómica
Lugar: A Tomba
Horario: Actividade nocturna, de 23:00 a 01:00 -
31 de maio
Cómete o Monte
Lugar: A Fracha
Horario: De 10:00 a 13:00Baño de Bosque
Lugar: A Tomba
Horario: De 10:00 a 12:30Kaiak
Lugar: O Pontillón do Castro
Horario: De 11:00 a 13:30
Xuño
-
1 de xuño
Obradoiro de Petróglifos
Lugar: A Tomba
Horario: De 11:00 a 13:00 -
7 de xuño
Ioga en Familia
Lugar: A Tomba
Horario: De 17:30 a 19:00Paddle Surf
Lugar: O Pontillón do Castro
Horario: Quendas ás 10:00, 11:30 e 13:00 -
8 de xuño
A Procura do Tesouro
Lugar: O Pontillón do Castro
Horario: De 10:00 a 13:00Aves e Caixas Niño
Lugar: A Tomba
Horario: De 10:30 a 13:30 -
14 de xuño
Descubre os Parques Forestais
Lugar: A Fracha
Horario: De 10:00 a 13:00Ventá Silvestre
Lugar: A Tomba
Horario: De 11:30 a 13:00 -
15 de xuño
Rastros e Pegadas
Lugar: A Fracha
Horario: De 11:00 a 13:00Naturalismo
Lugar: A Tomba
Horario: De 10:00 a 13:00Personaxes de Conto
Lugar: A Fracha
Horario: De 17:30 a 18:30 -
21 de xuño
Os Xoguetes de Sempre
Lugar: O Pontillón do Castro
Horario: De 17:00 a 19:00