Paloma Castro recolle o dobre dos avais precisos para presentarse como candidata á Secretaría provincial do PSdeG

Pontevedra
02 de xaneiro 2022

Este luns 3 de xaneiro presentará o número máximo de avais permitido, que se cifra en 398, pero a actual parlamentaria galega agradece o apoio amosado por 800 integrantes socialistas que a recostan. Reivindica un proxecto de esquerdas, feminista e que se sitúe a carón da militancia

Paloma Castro, candidata á Secretaría provincial do PSdeG-PSOE
Paloma Castro, candidata á Secretaría provincial do PSdeG-PSOE / PontevedraViva

Este luns, Paloma Castro, deputada no Parlamento de Galicia, presentará os avais para enfrontarse a David Regades e Francisco Barreiro na loita por ocupar a Secretaría provincial do PSdeG. A que foi concelleira en Pontevedra logrou o apoio de 800 integrantes da formación cando só precísanse 398 avais.

"Por cada aval lograremos moitos máis votos", afirma Castro ao manter que "o importante é fortalecer o partido".e asegura que estes apoios mostran que "temos un partido vivo, con ganas de participar e de seguir avanzando". 

A vicevoceira socialista no Parlamento galego quere poñer en marcha un proxecto socialista, de esquerdas, feminista e que estea á beira da militancia. Alega que "todos somos necesarios e o partido en Pontevedra avanzou con Gonzalo Caballero en Galicia e David Regades na provincia, polo que agora hai que acertar para que o PSOE desta provincia non retroceda, xuntos seremos máis fortes en Pontevedra".

Paloma Castro trasladarase durante a mañá deste 3 de decembro á sede do PSdeG en Santiago para presentar persoalmente os avais da súa candidatura. A campaña á Secretaría provincial está prevista do 8 ao 22 de xaneiro e a votación vai celebrarse o domingo 23. O IV Congreso está programado para os días 11 e 12 de febreiro.