A recoñecida Panadería Acuña deu un paso máis no seu compromiso coa comunidade viaxeira e o estilo de vida sostible, lanzando un innovador espazo camper friendly na súa sede do Polígono de Barro, unha zona de tránsito habitual para quen percorre Galicia en furgoneta ou autocaravana.
A presentación oficial en redes veu acompañada dun emotivo vídeo promocional que fusiona tradición e aventura.
O vídeo, gravado nas novas instalacións da firma panadeira en Barro e en contornas naturais das Rías Baixas pola produtora pontevedresa Pixelecer Audiovisual, captura o espírito de liberdade e proximidade que define a Acuña.
O que fai aínda máis especial esta peza audiovisual é a súa banda sonora, unha orixinal composición creada por intelixencia artificial, integrando así tradición, innovación e tecnoloxía nunha mesma proposta.
Este enclave estratéxico en Barro, a un paso da autoestrada, vía rápida e estradas de referencia para caravanistas, contará cun punto de carga de auga totalmente gratuíto, pensado para facilitar a viaxe a furgonetas e autocaravanas que pasan pola zona.
Á parte deste servizo, Acuña segue ofrecendo o que mellor sabe facer: comida para levar con sabor galego, perfecta para gozar na natureza. Dende as súas recoñecidas empanadas artesás, ata pan fresco, bocadillos, doces e máis, todo listo para acompañar escapadas á praia, ao monte ou a calquera recuncho da paisaxe galega.
Con este novo espazo, Panadería Acuña súmase ao movemento camper, acompañando os viaxeiros en cada paso con produtos artesáns, sabores e servizos que unen tradición e aventura en perfecta harmonía.
Porque viaxar en furgo tamén é unha forma de vivir. E Acuña quere formar parte do camiño.