Paneis informativos en Marín para avisar da ocupación dos aparcamentos e do tráfico

Marín
24 de agosto 2022

Reducir os desprazamentos en coche permitindo que non se xeren tráficos innecesarios no corazón urbano da vila. Ese é o obxectivo da iniciativa que Marín vai a poñer en marcha. Trátase da creación dunha plataforma que informará á cidadanía do estado de ocupación dos distintos aparcadoiros e do fluxo de tráfico

Avenida de Ourense, Marín
Avenida de Ourense, Marín /

Reducir os desprazamentos en coche permitindo que non se xeren tráficos innecesarios no corazón urbano da vila. Ese é o obxectivo da iniciativa que Marín vai a poñer en marcha. 

Trátase da creación dunha plataforma que informará á cidadanía do estado de ocupación dos distintos aparcadoiros e do fluxo de tráfico co obxectivo de que a cidadanía poida decidir con certa previsión onde probar a estacionar o seu vehículo.

Esta información, que se ofrecerá en tempo real nas vías máis concorridas da vila, publicarase na web municipal, así como nos distintos paneis que se instalarán no municipio.

O sistema funcionará mediante a recollida de imaxes a través de cámaras e enviando unicamente o dato de ocupación que hai nas distintas rúas.

Esta iniciativa enmárcase dentro do proxecto Smart Mobility, incluído na estratexia Marín Dusi, cofinanciada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional da Unión Europea. 

Esta medida súmase ao proxecto MARES (Marín Estacionamento), no que se crearon materiais de divulgación para a cidadanía con todos os aparcadoiros públicos situados nun mapa, ou á implantación da zona de dúas horas de estacionamento gratuíto con horario limitado.