Panxoliñas na escalinata de San Francisco

Pontevedra
27 de decembro 2022

As escalinatas da igrexa de San Francisco acolleron este martes a actividade Música de Nadal para somerxer o espírito destas datas a toda a cidade  

Panxoliñas na escalinata de San Francisco / Concello de Pontevedra

As escalinatas da igrexa de San Francisco acolleron este martes 27 a actividade Música de Nadal para somerxer o espírito destas datas a toda a cidade.

Esta iniciativa está inspirada na tradición dos países nórdicos, polo que, en colaboración coa Xunta de Coros de Pontevedra, convidouse a toda a veciñanza a sumarse a interpretar temas clásicos do Nadal, como Adeste Fideles, Noite de Paz e Benedicat Vobis.

A Agrupación Coral de Pontevedra xurdiu no marco do Concerto pola Paz e está composta por varios coros.