Coa entrega este xoves de 200 avais (150 eran os necesarios), Rafa Domínguez converteuse oficialmente en aspirante á presidencia do Partido Popular local, sendo o único candidato presentado en tempo e forma.
Cumprido o trámite, que terá o seu seguinte paso no próximo congreso local da formación previsto para o sábado 30 de xuño, o concelleiro empezou a debullar algunhas das ideas sobre as que virará o seu proxecto, ao redor da "ilusión, el diálogo y Pontevedra".
Con respecto á cidade o que apunta a candidato popular á alcaldía recoñeceu que "los primeros años de Lores fueron buenos", pero que se trata dun proxecto segundo el esgotado que "está viviendo de lo que hizo hace 20 años".
"Este ya no es un modelo de ciudad del BNG, es de todos los pontevedreses", sinalou Domínguez, pero "hay que aspirar a dar un paso más, a un proyecto de ciudad", explicou en referencia ás preocupacións que detectou entre os cidadáns nos seus primeiros contactos, como pode ser o emprego ou a situación do rural.
Bora, Salcedo ou Ponte Sampaio serán as súas seguintes paradas para"explicar el proyecto y sobre todo escuchar", un achegamento no que asegura estar a percibir "ilusión por el cambio", tanto na formación que aspira a dirixir como a posibilidade de que se materialice unha substitución na alcaldía.
Aínda que quere ir cumprindo os pasos aos poucos e marcando ben os tempos, Rafa Domínguez revela que lle gustaría facer "una campaña en positivo", cun equipo ao seu ao redor do que "tengo nombres pensados" pero que aínda non quixo avanzar ao non ter ningunha decisión tomada.