París 2024 arranca cun desfile naval polo Sena e unha cerimonia pasada pola auga

Pontevedra
27 de xullo 2024

Despois de tres horas e coa maioría dos deportistas xa de volta na vila olímpica, o presidente francés, Emmanuel Macron, declaraba inaugurados os Xogos de París, nos que a pontevedresa Támara Echegoyen foi a abanderada do equipo español

Delegación española na cerimonia inaugural de París 2024 Comité Olímpico Español

Por primeira vez na historia, os Xogos Olímpicos inauguráronse na rúa. París, na súa terceira vez como sede olímpica, elixiu esta fórmula para dar a benvida á cita deportiva máis importante do mundo. Pero esta cerimonia inaugural ha quedado deslucida pola choiva.

Despois de tres horas e coa maioría dos deportistas xa de volta na vila olímpica, o presidente francés, Emmanuel Macron, declaraba inaugurados os Xogos de París, nos que a pontevedresa Támara Echegoyen foi a abanderada do equipo español.

"Ha sido muy emocionante. Yo no me lo esperaba así. Ha superado mis expectativas", afirmaba Echegoyen a RTVE tras unha cerimonia que "hemos disfrutado mucho de todo el camino porque fue impactante conocer la ciudad de esta manera".

Xunto ao piragüista Marcus Cooper, ambos encabezaron a delegación nacional que, como o resto de países, presentouse ao mundo a bordo dun barco que sucou o río Sena durante uns seis quilómetros. Todos eles aguantando de pé e mollándose.

O momento máis esperado da cerimonia, como non podía ser doutra maneira, foi o encendido do pebeteiro coa chama olímpica prendida en Olimpia (Atenas) o pasado 16 de abril.

Nun secuencia memorable, Zinedine Zidane, Rafael Nadal, Serena Williams, Nadia Comaneci e Carl Lewis pasáronse o facho olímpico camiño do pebeteiro.

Foron a atleta Marie-Jose Perec e o judoca Thedy Rinner os que acenderon xuntos o pebeteiro, que se elevou lentamente sobre o ceo e a noite de París nun globo aerostático, deixando unha imaxe que xa é historia olímpica.

A choiva, que se presentou sen permiso nesta cerimonia inaugural, empapou de forma inclemente a deportistas, artistas, público e autoridades e desluciu o espectáculo preparado para a ocasión.

A cerimonia foi unha celebración da cultura francesa, retratada a través de doce escenas repartidas ao longo do río e acompañado dun gran espectáculo de luces e pirotecnia.

Así, entre outras estampas, houbo homenaxes á catedral de Notre Dáme, a obras artísticas icónicas da cultura gala, á Revolución Francesa, ao escritor Víctor Hugo, aos irmáns Lumière, inventores do cinema, á Torre Eiffel, á estreita relación do país coa moda ou para as mulleres máis importantes da historia de Francia.

A cantante estadounidense Lady Gaga, que saíu dunha estación de metro tipicamente parisiense, construída para a ocasión xunto ao Sena, foi outra das protagonistas desta cerimonia, na que rendeu a súa particular homenaxe ao cabaret francés.

Pero, sen dúbida, a actuación máis emotiva foi a que ofreceu Céline Dion que, a pesar da grave enfermidade neurolóxica que padece, non quixo perderse esta cita e reapareceu publicamente para interpretar o "Hymne à l’amour" de Edith Piaf desde o alto da Torre Eiffel.