Paso definitivo para as empresas poidan presentar ofertas ao novo contrato da auga de Pontevedra

Pontevedra
17 de agosto 2017

O Concello de Pontevedra acaba de aprobar o expediente de contratación para o novo contrato de xestión integral do ciclo da auga no municipo. Aprobouse nunha Xunta de Goberno extraordinaria celebrada este mércores e supón un paso definitivo para a licitación, pois agora abrirase un prazo de 52 días para que as empresas interesadas presenten as súas ofertas

A concelleira de Urbanismo, Carme da Silva
A concelleira de Urbanismo, Carme da Silva / Mónica Patxot

O Concello de Pontevedra acaba de aprobar o expediente de contratación para o novo contrato de xestión integral do ciclo da auga no municipo. Aprobouse nun Xunta de Goberno extraordinaria celebrada este mércores e supón un paso definitivo para a licitación, pois agora abrirase un prazo de preto de dous meses para que as empresas interesadas presenten as súas ofertas. 

En concreto, segundo anunciou este xoves a alcaldesa accidental, Carme da Silva, unha vez que o expediente de contratación saiga publicado nos boletíns oficiais, abrirase un prazo de 52 días para a presentación das ofertas. A continuación, reunirase a mesa de contratación e o obxectivo que se marcou o Concelo desde un principio é poder licitar o contrato antes de que finalice este ano 2017. 

Carme da Silva lembrou que o expediente de contratación propón un contrato a 20 anos prorrogable un máis cun custo anual de 6,5 millóns de euros e supón importantes cambios e mellores con respescto ao contrato actual que xestiona a empresa Viaqua. 

Entre outras cuestións, o expediente de contratación recolle que toda empresa que queira aspirar a xestionar o servizo de abastecemento de auga e saneamento de Pontevedra deberá investir, como mínimo, 13 millóns de euros no saneamento do rural. Ademais, a compañía adxudicataria deberá satisfacer un canon de 1,5 millóns de euros en efectivo.

Carme da Silva destaca que con este contrato poderase terminar o saneamento nas parroquias do rural e impulsar la rede de abastecemento. Ademais, a empresa deberá facerse cargo de tres cuestiones que, ata agora, corría por conta da administración municipal ou dos propios consumidores, como a xestión de toda a rede de pluviais, o mantemento e reposición dos contadores e acometidas ou  o control de todas as fontes do concello.

Como xa se anunciou, o Concello modificará a ordenanza fiscal en vigor para que, co novo contrato, cada cidadán pague a auga que consuma, eliminando o mínimo que existía ata o momento, 15 metros cúbicos. Ademais, aquelas empresas que oferten executar máis obras obterán máis puntos na mesa de contratación. As melloras están valoradas en case 59 millóns de euros.

Arquivado en