Paso definitivo para completar o saneamento de Santa María de Xeve

Pontevedra
04 de abril 2021

As obras que levarán a rede xeral de saneamento aos lugares de Gatomorto, Igrexa, Couso, Frieiro e Fontáns, en Santa María de Xeve, acaban de comezar. Trátase da última fase para dotar deste servizo a parroquia pontevedresa. Teñen un prazo de execución de 18 meses

Obras para o saneamento de Gatomorto, en Santa María de Xeve
Obras para o saneamento de Gatomorto, en Santa María de Xeve / Concello de Pontevedra

As obras que levarán a rede xeral de saneamento aos lugares de Gatomorto, Igrexa, Couso, Frieiro e Fontáns, en Santa María de Xeve, acaban de comezar. Trátase da última fase para dotar deste servizo a parroquia pontevedresa. 

A Concellaría responsable das infraestruturas hidráulicas do Concello de Pontevedra informou este domingo de que as obras xa comezaron nos últimos días e explicou que con elas completarase a conexión de toda a parroquia á rede xeral de sumidoiros. Teñen un prazo de execución de 18 meses.

O orzamento desta actuación é de 2.973.829,63 euros, o que supón unha achega de 18.000 euros por vivenda.

Os traballos comezaron polo lugar de Gatomorto pero tamén conectarán Igrexa, Couso, Frieiro e Fontáns, ata dar servizo a 168 vivendas en total. Nestes lugares xa se ten instalada parte da rede, pero agora completarase ata chegar á zona de Fontáns, que non dispón deste servizo.

Ao igual que na maior parte das parroquias, a rede de saneamento pódese facer grazas á colaboración veciñal, que autorizou o paso por 27 parcelas privadas.

Esta actuación implementarase cun proxecto de menor contía para a conexión do novo campo de fútbol de Santa María de Xeve, que na actualidade está dotado cunha fosa séptica.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora