Os patróns maiores das confrarías de Raxó, Pontevedra e Lourizán, Iago Tomé, César Rodríguez e Carmen Vázquez, destacaron a "enorme importancia" que ten para o seu traballo e para os petos de todas as familias que viven do marisqueo da ría, a "tan necesaria e imprescindible" dragaxe do río Leréz.
Foi nunha reunión co vicepresidente da Deputación, Rafa Domínguez.
Os responsables das confrarías do fondo da ría de Pontevedra explicaron que "en moitas zonas pasamos de ter 5-6 metros de profundidade a só 1 metro".
Sosteñen que "as correntes mobilizan constantemente a area en diferentes zonas e todo iso está prexudicando gravemente o marisqueo".
Din que "a ría acumula cada vez máis lodo o que lle está afectar moito aos bancos marisqueiros".
Ademáis de escoitar as súas queixas e reinvindicacións, Rafa Domínguez avanzoulles que este xoves o grupo provincial do Partido Popular na Deputación de Pontevedra presentará no pleno unha moción na que se insta a que de maneira inmediata o Goberno central desbloquee a situación da dragaxe do río Lérez.
Domínguez lamentou que cinco anos despois "o Goberno central siga sen facer absolutamente nada máis que poñer paus nas rodas" nun asunto tan importante para Pontevedra desde hai décadas.
Os patróns maiores coincidiron en sinalar que "non se pode esperar máis".