Peche de tráfico matinal este xoves 23 con motivo das obras na praza de Barcelos

Pontevedra
22 de novembro 2023

O Concello de Pontevedra anuncia que se procederá ao peche de circulación na intersección da rúa Rouco coa Praza de Barcelos, entre as 09.15 e as 13.30 horas

Plano de mobilidade con motivo do corte de tráfico entre Barcelos e a Rúa Rouco
Plano de mobilidade con motivo do corte de tráfico entre Barcelos e a Rúa Rouco / Concello de Pontevedra

O Concello de Pontevedra anuncia que se procederá ao peche de circulación rodada na intersección da Rúa Rouco coa Praza de Barcelos, entre as 09.15 e as 13.30 horas deste xoves 23 de novembro.

Estableceranse operarios de maneira permanente para alertar aos condutores da medida, que afecta a esa vía situada entre a praza e a Rúa Cobián Roffignac, na contorna do centro escolar.

O Concello de Pontevedra mantén a previsión de que as obras nas vías perimetrais da praza estean finalizadas entre abril e maio de 2024