A Rúa Rouco pechará durante este domingo con motivo das obras que está a realizar o Concello de Pontevedra na praza de Barcelos.
Este feito implica a reordenación de circulación na zona, mantendo a rúa pechada dende as 7:30 ata as 16:00 horas.
Haberá zonas de circulación restrinxida e un operario permanente que regulará o acceso dos vehículos.
O acceso e saída de garaxes e servizos da rúa Rouco estará habilitado dende a rúa Cobian Roffignac.