A UNED Pontevedra organizou un curso formativo de xadrez para estimular o pensamento lóxico, a concentración e a capacidade de toma de decisións. Comezará o vindeiro luns 9 de marzo e finalizará o 26 de maio.
O programa terá unha duración de 40 horas, dividido en 20 sesións teóricas e 20 prácticas. Impartirase de forma online, permitindo aos seus participantes asistir en directo ou en diferido.
A actividade diríxese a estudantes universitarios de calquera ámbito, a profesorado ou docentes con fins educativos e ao público xeral interesado en aprender a xogar ao xadrez.
Rafael Cotelo Pazos, responsable do Departamento de Extensión Universitaria e Actividades Culturais da UNED en Pontevedra, será o encargado de coordinar o curso, con José Manuel Prol Lusquiños, adestrador da Federación Internacional de Xadrez, como relator.
A proposta busca ensinar aspectos básicos do xogo, regras e fundamentos, así como estratexias máis avanzadas para controlar ao rival. Desta forma, increméntanse habilidades cognitivas como a memoria, a planificación ou a xestión do tempo.
Con esta iniciativa, UNED Pontevedra continúa anunciando actividades centradas no coñecemento e a educación, dirixidas a todos os públicos para fomentar a aprendizaxe.