Pepa Pardo será a número dous na candidatura do PP de Pontevedra

Pontevedra
02 de abril 2023

A concelleira, deputada provincial e actual secretaria xeral da formación local repetirá como segunda na lista electoral do partido local

Pepa Pardo no pleno do Concello de Pontevedra PontevedraViva

O portavoz do grupo municipal do Partido Popular de Pontevedra e candidato á Alcaldía, Rafa Domínguez, avanzou que Pepa Pardo será a número dous na lista electoral do partido local para os comicios de maio. 

A concelleira, deputada provincial e actual secretaria xeral da formación local repetirá posto na lista de Domínguez.

Ademais, Pardo será a directora de campaña dos populares e unha das responsables do programa electoral que presentará Domínguez. 

"Quiero agradecer a Rafa que haya contado de nuevo conmigo", dixo Pepa Pardo.

"Para mi es un honor que se me permita trabajar por y para mi ciudad. Una ciudad a la que me siento totalmente vinculada, en lo profesional y personal, a la que quiero con todo mi corazón y a la que le deseo lo mejor. Creo firmemente que en Pontevedra va a haber un cambio y que la ciudad se teñirá de azul", manifestou Pardo.