Pepe Solla apoia a campaña para o estudo da biopsia líquida

Pontevedra
27 de marzo 2017

Pepe Solla amosou o seu apoio á campaña de micromecenado para o estudo da biopsia líquida de Oncomet visitando este luns a mesa informativa situada na Praza da Ferrería

Pepe Solla apoia a campaña de micromecenado para o estudo da biopsia líquida Mónica Patxot

Pepe Solla amosou o seu apoio á campaña de micromecenado para o estudo da biopsia líquida de Oncomet, visitando este luns a mesa informativa situada na Praza da Herrería.

Voluntarios colaboradores co grupo de Oncoloxía Médica Translacional do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela Oncomet informaron da campaña de micromecenado posta en marcha por este grupo de investigación, coa que pretende involucrar a todos os cidadáns na financiación colaborativa e desinteresada dun novo proxecto de investigación oncolóxica: a biopsia líquida.

O coñecido cociñeiro xa amosaba o seu apoio á campaña ao principio da mesma a través das redes sociais pero este luns quixo deixar ben patente este apoio.

Quedan 17 días para conseguir chegar aos 500.000 euros precisos para a compra do equipamento e a contratación do persoal necesario para continuar co estudo da biopsia líquida, unha técnica revolucionaria que conseguiría mellorar a calidade e a esperanza de vida dos doentes de cancro.