O Concello de Sanxenxo informou este domingo dun accidente de tráfico ocorrido ás 15:45 horas en Nantes.
Un veciño de Portonovo resultou ferido esta tarde tras sufrir unha saída de vía tras perder o control do seu vehículo e chocar contra unha casa na estrada provincial EP-9205, á altura do lugar de Pazos.
A Policía Local fíxolle a proba de alcoholemia e deu resultado negativo.
A colisión provocou danos materiais e o condutor resultou ferido nunha man.