Pese ao confinamento Pontevedra rexistra xa máis declaracións da Renda que no mesmo período do pasado ano

Pontevedra
16 de abril 2020

Ata 35.835 contribuíntes xa presentaron as súas declaracións na Axencia Tributaria de Pontevedra nos quince primeiros días da campaña da Renda. Supón un 25% de incremento respecto ao mesmo período do pasado exercicio

Publicación no BOE da convocatoria da campaña da Renda 2019-20
Publicación no BOE da convocatoria da campaña da Renda 2019-20

O emprego da vía telemática para render contas coa Axencia Tributaria está a permitir que o confinamento non sexa un  hándicap, nunha elevada porcentaxe, para a cita anual coa campaña da Renda, aberta o pasado 1 de abril. Nestes quince primeiros días ata 35.835 contribuíntes presentaron as súas declaracións na Delegación Territorial de Pontevedra, o que reflicte un 25% máis que durante o mesmo período do pasado exercicio.

É significativo ademais que dese total de declaracións o 86% solicitaban devolución, isto é 31.049 contribuíntes. Ao 69% desta últimos Facenda xa lles devolveu. Canto? a suma das cantidades solicitadas nesas máis de 31.000 declaracións elevábase a 21 millóns 650 mil euros; a Axencia ingresoulles 10 millóns 513 mil euros, isto é: un 48% da cantidade para devolver.

Segundo os datos reportados pola Delegación do Goberno en Galicia, e tendo en conta sempre este período do primeiros quince días de campaña, a cidadanía recibiu as súas solicitudes antes?. A resposta está na proporcionalidade entre o número de declaracións presentadas e pagas en ambas as campañas. Así, se o pasado ano contabilizáronse nesta Delegación 28.554 declaracións, das que se pagaron neste prazo 14.970, resultan un 52%; e agora pagáronse 21.489 das 35.835 presentada, que resulta un 60%. Un 8% máis dos contribuíntes recibiron a devolución das súas cantidades respecto o pasado exercicio.