Piden a creación dunha senda peonil entre Calvelo e o IES de Tenorio

Cerdedo Cotobade
19 de marzo 2018

O Partido Socialista en Cerdedo-Cotobade presentará unha moción no próximo pleno para reclamar unha senda peonil que una o lugar de  Calvelo co IES de Tenorio. Con esta proposta queren que se evite a situación de perigo ante a ausencia de beirarrúas nese tramo.

Melloras na N-541 en Tenorio, Cotobade
Melloras na N-541 en Tenorio, Cotobade /

O Partido Socialista en Cerdedo-Cotobade presentará unha moción no próximo pleno para reclamar unha senda peonil que una o lugar de  Calvelo co IES de Tenorio. Con esta proposta queren que se evite a situación de perigo ante a ausencia de beirarrúas nese tramo.

Lina Garrido, como portavoz do grupo municipal socialista, sinala que os veciños levan varios anos denunciando o perigo do proxecto do Ministerio de Fomento coa construción da glorieta na estrada entre Forcarei, Cotobade e Cerdedo.

Indican que se trata dunha zona pola que transitan peóns, menores e persoas con gando, que corren perigo ante o exceso de velocidade que se detecta na zona. Os socialistas inciden en que as obras non melloraron a visibilidade para os peóns nin para os vehículos á hora de incorporarse ao carril dereito. 

Inciden no perigo que se rexistra na parada escolar e a falta de comunicación entre as distintas zonas desta contorna. Reclaman pasos subterráneos e un illote que permita o xiro á esquerda para acceder á gasolineira e unha solución para evitar que os condutores teñan que efectuar o cambio de sentido no lugar de Bora.

Por estes motivos, reclaman unha senda peonil que permita un tránsito seguro dos peóns nesta zona.