A protectora de animais Os Palleiros solicitou a través das redes sociais axuda á cidadanía coa intención de que se doen correas para poder realizar saídas cos cans que se atopan no refuxio de Campañó.
Segundo indican desde a asociación, este ano con motivo da pandemia provocada pola covid-19 foi imposible organizar eventos como os tradicionais mercados solidarios para recadar diñeiro que lles permita sufragar este tipo de gastos.
Por este motivo, solicitan a todas as persoas interesadas en doar que acheguen calquera tipo de correo porque son para o uso habitual de paseos, visitas ás clínicas veterinarias ou calquera outra actividade habitual que realizan os integrantes de Os Palleiros.
As correas pódense deixar directamente na protectora ou envialas a través de correo ordinario a Potectora de animais Os Palleiros. Riveiro-Casalderrey 1A, 36157 Campañó. Pontevedra.
Tamén habilitan outros puntos de recollida de donativos como os establecementos Pequeñitos y Adorables na rúa San José, Autoescuela Galicia en Andrés Mellado ou RDSI Informática en Conde Torrecedeira, en Vigo.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.