Unha integrante da sección xove da Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra sufría este mércores 8 o roubo do seu violín. Desde a agrupación musical demandaron a colaboración cidadá para tentar localizar este instrumento.
Trátase dun François Bretón, que se atopaba no interior dunha funda negra lixeira e envolto nunha tea de cor verde. Tanto persoas relacionadas coa propietaria como a dirección da Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra piden que calquera persoa que poida achegar información sobre o paradoiro do instrumento póñase urxentemente en conctacto cos responsables da formación musical ou directamente coa Policía Nacional. Piden difusión para tentar recuperar esta peza de notable valor para a instrumentista.
Este roubo prodúcese nunha semana na que as mulleres da Orquestra Filharmónica ofrecían un espectacular concerto no Pazo da Cultura de Pontevedra en colaboración coa pianista Isabel Pérez Dobarro. Ademais este venres, os integrantes da orquestra infantil teñen previsto ofrecer un concerto no Centro Social de Salcedo, na denominada Casa Verde, a partir das 19.30 horas do venres 10.