Pilar Dopazo presentarase ás primarias de Compromiso para a alcaldía de Pontevedra

Pontevedra
09 de outubro 2014

Dopazo preséntase para tentar ⿿abrir as fiestras e portas, e levar transparencia á xestión municipal⿝

Pilar Dopazo, Compromiso por Galicia

Este xoves foi presentada en Pontevedra a candidatura de Pilar Dopazo Leirós, veciña de Estribela, como candidata ás eleccións primarias de Compromiso por Galicia á alcaldía.

Dopazo, administrativa de profesión, é presidenta da ANPA do colexio Sagrado Corazón de Praceres, do que foi alumna. Sostén que desexa ⿿formar un equipo de goberno para levar a cabo un goberno ético, do que todos e todas poidamos estar orgullosos. Un equipo con capacidade de xestión pero que nestes intres persiga a xustiza social preocupándose dos máis desfavorecidos⿝.

⿿Desexamos un concello transparente e democrático onde a veciñanza saiba o que hai dentro con vías de participación nas tomas de decisións⿝, afirma. E móstrase convencida de que, para iso ⿿é preciso abrir as portas e ventás do Concello, ter paredes de cristal e que entre o aire fresco.⿝

Móstrase animada do resultado das primarias. ⿿Cando menos, estou tranquila pois facemos o que dixemos: primarias abertas á cidadanía, e agardo contar co apoio dos meus compañeiros e veciños, para levar adiante este proxecto que tanto me ilusiona⿝, afirma.

Pilar Dopazo Leirós ten 42 anos, é administrativa e directiva na Asociación de Veciños de Estribela; directiva no Santo Andrés Club de fútbol; dende hai 19 anos directiva e na actualidade presidenta da ANPA do colexio Sagrado Corazón de Praceres.