A pista de pump track de Paredes, que xa vai tomando forma, apira a ser olímpica

Vilaboa
19 de setembro 2025
Actualizado: 13:09

"Remodelamos a idea inicial para facer unha pista coas dimensións necesarias para o adestramento de disciplinas como o ciclismo BMX racing ou o BMX freestyle, ambos olímpicos", detallou o alcalde

Obras da pista de pump truck na canteira de Paredes

Vilaboa quere que a canteira de Paredes pase a ser unha referencia entre as instalacións deportivas. E é que presumen de que a pista de pump track que se está habilitando na zona vai a ser a que teña as maiores dimensións de todas as que hai na provincia.

O alcalde, César Poza, revisou estes días os avances dos traballos que están na fase do repranteo das pistas con rampas, desniveis e curvas con terra compactada.

Segundo explicou, toda esta actuación será revisada por deportistas destacados nesta disciplina para confirmar que reúne as condicións idóneas para a práctica deste deporte.

"Remodelamos a idea inicial para facer unha pista coas dimensións necesarias para o adestramento de disciplinas como o ciclismo BMX racing ou o BMX freestyle, ambos olímpicos", detallou o alcalde.

Así, cando a pista de pumptrack está no meridiano da súa execución, o alcalde alimenta a ilusión de que algún día estas instalacións de Vilaboa acollan competicións de nivel internacional.

César Poza nas obras da pista de pump truck na canteira de ParedesConcello de Vilaboa

Construcciones E.C. Casas é a empresa que está executando estes traballos, que contan cun orzamento de máis de 163.000 euros. Deberán estar rematados antes de final de ano.

A pista de pumptrack supón o inicio da transformación da antiga canteira de Paredes nun parque de aventuras cunha orientación multideportiva e de actividades ambientais e de contacto co medio ambiente, proxectos nos que o goberno local xa está a traballar.

O alcalde recordou que esta actuación é posible grazas ao convenio asinado coa comunidade de montes de Vilaboa que favoreceu a cesión indefinida do Monte da Raposeira, dúas parcelas que en conxunto suman 49.847 metros cadrados.

O acordo recolle tamén o peche perimetral das parcelas e a conservación do entorno, polo que o Concello executará unha actuación que favoreza a drenaxe da antigua canteira e que evite o empozamento da auga.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora