Pistoletazo de saída para a solicitude das axudas do Concello para comprar computadores

Pontevedra
19 de abril 2021

Este luns saen publicada no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra ( BOPP) as axudas para a compra de computadores portátiles e de sobremesa para o alumnado (menor de 18 anos) de colexios e institutos do concello da capital. As solicitudes comezarán este martes 20 de abril e prolongarase o prazo ata o 19 de maio.

Un neno cun ordenador
Un neno cun ordenador

Este luns saen publicada no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPP) as axudas para a compra de computadores portátiles e de sobremesa para o alumnado (menor de 18 anos) de colexios e institutos do concello da capital, unha iniciativa enmarcada dentro do Plan Supera 21.

"É unha moi boa noticia", segundo dixo este luns a portavoz do Goberno Local, Anabel Gulías, "estabamos pendentes da publicación por parte da Base Nacional de Subvencións por parte do Estado e tiñamos previsión de que fose a semana pasada pero finalmente foi este luns". 

"Dáse o pistoletazo de saída á solicitude formal para a adquisición de equipos informáticos", anunciou Anabel Gulías.

As solicitudes comezarán este martes 20 de abril e prolongarase o prazo ata o 19 de maio. As subvencións desta liña do Plan Supera 21 serán dun máximo de 400 euros por computador e de 2.000 euros por núcleo familiar

Ata o de agora recolléronse máis de 500 dúbidas e consultas expostas sobre este asunto ao Gabinete da Alcaldía que se foron resolvendo neste período para que os interesados tivesen preparada a súa documentación para poder presentala unha vez aberto o prazo.

As oficinas do Plan Supera 21 están situadas na Rúa Dona Tereixa para poder facer efectiva esta solicitude de axudas.

As peticións serán tramitadas en réxime de concorrencia competitiva e a concesión das subvencións realizarase mediante a comparación das solicitudes presentadas a fin de establecer unha prelación entre as mesmas. As dúbidas que xurdan poderán resolverse chamando aos teléfonos 681 264 835 e 986 804 300 (extensións 7191 ou 7192).

Ademais, esta semana Anabel Gulías ten previsto convocar ás asociacións de hostalería da cidade para darlles traslado da proposta de borrador coas axudas municipais dirixidas a este sector.