Plan de tráfico con motivo do paso pola cidade da Volta Ciclista a Galicia

Pontevedra
17 de setembro 2015

A Policía Local ven de presentar un Plan de Tráfico con motivo do paso pola cidade da Volta Ciclista a Galicia o vindeiro domingo 20 de setembro

Plan de tráfico polo paso da Volta ciclista a Galicia Policía Local de Pontevedra

A Policía Local ven de presentar un Plan de Tráfico con motivo do paso pola cidade da Volta Ciclista a Galicia o vindeiro domingo 20 de setembro.

  • Saída neutralizada: 10:00 horas
    • Dende a Praza de España percorrendo as rúas Michelena, Benito Corbal, Cobián Roffignac, Padre Amoedo, Avenida de Bos Aires, Avenida do Uruguai, Ponte das Correntes, Domingo Fontán, PO- 531 cara a Poio.
    • Produciranse cortes puntuais e breves.

 

  • Chegada a meta: 13:00 - 14 horas
    • A caravana ciclista entrará na cidade pola Avenida de Compostela, Ponte de Santiago, Padre Amoedo, Cobián Roffignac, Benito Corbal, Michelena e Praza de España.
    • Produciranse restricións circulatorias nestas rúas e nas vías de acceso ás mesmas.

 

A entrada no centro historico se realizará por Avenida do Uruguai:

  • Galera, Arcebispo Malvar, Barón.
  • Valentín Garcia Escudero, Real.

 

A saída do centro histórico por Arcebispo Malvar, Galera, Avenida do Uruguai cara á Ponte das Correntes.

Os accesos á cidade serán:

  • Pola Ponte da Barca cara Avenida Raíña Vitoria.
  • Pola Ponte das Correntes cara a Avenida do Uruguai.
  • Por Eduardo Pondal a través de Uxío Novoneyra e Cobian Areal.

 

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora