É unha tradición que se remonta ao século XVIII e que segue xerando entusiasmo entre os asistentes que este domingo se daban cita no curro de Amil, no municipio de Moraña, para ver a Baixa das Bestas.
A Asociación Cultural e Cabalar Monte Acibal volvía congregar a centenares de persoas arredor dos traballos de control sanitario dos cabalos que habitan en réxime de liberdade no monte Acibal.
O programa da xornada final comezou ao mediodía coa condución das mandas cara ao recinto, onde se procedeu á separación das crías e realizouse unha mostra de monta.

Os traballos principais concentráronse durante a tarde coas tarefas físicas de desparasitación, corte de crinas e marcado dos poldros.
A programación desenvolveuse ao longo de tres días, comezando as tarefas de localización e agrupación dos animais o sábado pola mañá.

Segundo os organizadores, a retirada do pelo evita enredos que prexudican a saúde dos cabalos salvaxes, mentres que os tratamentos aplicados actúan contra os parásitos específicos da fauna silvestre.


Tras finalizar as tarefas de manexo e realizarse un sorteo entre os asistentes nunha xornada festiva, os membros da asociación abriron o recinto para liberar os exemplares.
As femias regresaron ao monte Acibal co obxectivo de asegurar a reprodución da cabana gandeira na zona,
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.