A Rapa das Bestas do Monte Gagán xuntará 90 cabalos esta fin de semana

Marín
08 de agosto 2025
Actualizado: 21:54

O sábado haberá verbena e o domingo será o propio día da rapa, na que participarán aloitadores "tanto de Marín como de distintas partes de Galicia e de España"

Rapa das bestas de Monte Gagán
Rapa das bestas de Monte Gagán / Rapa das bestas de Monte Gagán

O Parque de Lagocheiras, da Comunidade de Montes de Santomé, encherase esta fin de semana coa chegada da súa Rapa das Bestas.

A organización agarda que participen máis de 90 cabalos e aloitadores "tanto de Marín como de distintas partes de Galicia e de España".

As actividades foron presentadas no parque este xoves pola Asociación Cabalar Monte Gagán e os concelleiros Marián Sanmartín e Manuel Santos.

O sábado, día 9, ben cedo, ás 08.30 horas, será a quedada no curro para ir ao monte a xuntar ás bestas.

Para cear, haberá porco ao espeto a prezo popular para despois, a partir das 23.00 horas, gozar da verbena co Trío Rever e a disco móbil Dolce Vita.

O domingo 10, a partir das 12.00 horas, farase a saída do cierre coas bestas cara ao curro.

Ao chegar, comezarase coa separación das poldras. E xa ás 17.00 horas, comezará a tradicional rapa das bestas.

Desde a comisión avisan de que haberá servizo de bar para comer e un sorteo ás 20.00 horas.

Presentación da Rapa das bestas de Monte Gagán
Presentación da Rapa das bestas de Monte Gagán   Concello de Marín

 

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora