As condicións meteorolóxicas adversas forzaron o peche da PO-11, a principal arteria costeira que une os municipios de Pontevedra e Marín.
Desde as primeiras horas da mañá deste luns, 2 de febreiro, a circulación na coñecida popularmente como autovía de Marín quedaba interrompida no seu catro carrís debido á confluencia de intensas precipitacións e o fenómeno das mareas vivas.
O corte, que afectou a ámbolos sentidos da marcha, foi establecido como medida de seguridade preventiva ante o desbordamento da ría, que ameaza con alagar a calzada.
Segundo os protocolos de seguridade viaria, a restrición mantívose activa ata que a baixada da marea reduciu a afluencia de auga e disípese o perigo de inundación.
Pero, pola tarde, o episodio repetíase e a circulación quedou interrumpida de novo durante varias horas.

En todo caso, recoméndase aos condutores manter as precaucións, reducir a velocidade debido á presenza de balsas de auga en vías secundarias e consultar as actualizacións da Dirección Xeral de Tráfico (DXT).
De acordo cos datos facilitados por Meteogalicia e a AEMET, a provincia de Pontevedra atópase baixo a influencia dunha profunda borrasca que deixou acumulacións de choiva superiores aos 40 l/m² en doce horas.
Esta situación vese agravada polo estado do mar, con avisos por ondas que poden alcanzar os 5 ou 6 metros de altura e ventos de compoñente suroeste con forza 7.