Pleno bronco na Lama que conclúe cos edís socialistas abandonando a sesión

A Lama
27 de marzo 2015

Todo apuntaba a que o Pleno municipal da Lama non ía ser nada tranquilo e así foi. Era unha sesión na que se debatía a adxudicación do servizo de atención no fogar (SAF) para persoas de dependentes. Os socialistas xa anunciaran que non ían apoiar este proceso, pero foron mesmo máis alá e despois dun agre debate co Partido Popular os edís do PSdeG-PSOE decidiron abandonar a casa do concello

Discusión entre Jorge Canda e Enrique Vaqueiro no Pleno da Lama Concello de A Lama

Todo apuntaba a que o Pleno municipal da Lama non ía ser nada tranquilo e así foi. Era unha sesión na que se debatía a adxudicación do servizo de atención no fogar (SAF) para persoas de dependentes. Os socialistas xa anunciaran que non ían apoiar este proceso, pero foron mesmo máis alá e despois dun agre debate co Partido Popular os edís do PSdeG-PSOE decidiron abandonar a casa do concello.

Fixérono tras recordar ao alcalde, Jorge Canda, que a empresa Servizos Sociais á Comunidade, S.L., única firma que pasou o filtro da mesa de contratación, non merecía gañar o concurso. O seu voceiro, Enrique Vaqueiro, afirmou que non cumpre cos requisitos legais xa que, entre outras cuestións, infrinxe a normativa en riscos labores ou seguros por accidentes. Denunciou ademais que ao prezo de 9.70 euros a hora non cumprirá o convenio da Xunta.

No medio dun ambiente crispado, Jorge Canda e o tenente de alcalde, Mariluz Pontevedra, trataron de defender a postura do goberno municipal, coincidente coa acta da mesa de contratación que o leu o secretario do Pleno.

Foi nese momento cando Enrique Vaqueiro avisou que os socialistas estudarán levar o xulgado a todos aqueles concelleiros do PP que votaran a favor desta adxudicación. Sinalou que esta era a xestión "máis chafalleira que se coñece" na bisbarra de Pontevedra e que "bordea claramente a lei". Ademais, denunciou que a empresa tiña graves incumprimentos coa Seguridade Social e Facenda e que está inmersa en procesos xudiciais.

Todo iso, segundo o goberno municipal, "sen achegar ningunha documentación que avalase estas afirmacións".

Tras o abandono dos dous concelleiros socialistas, os cinco edís do Partido Popular aprobaron, sobre a base dos informes técnicos favorables achegados á mesa de contratación polos operarios municipais, a contratación do SAF a esta empresa.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora